Valdeorras é historia e cultura vitivinícola.
Somos a segunda D.O. máis antiga de Galicia.
Hai medio século recuperamos a uva autóctona Godello; dende aquela somos a referencia neste tipo de viños.
Descubre os nosos viños
Os viños máis emblemáticos de Valdeorras son o Godello e o Mencía, pero contamos con outros viños destacados que se elaboran con uvas autóctonas e tamén reguladas polo Consello.
Descubre máis
Adéntrate en experiencias únicas onde poderás degustar os mellores viños da rexión, coñecer os produtores locais e explorar as fermosas paisaxes vinícolas.
A gran variedade de solos nas ribeiras do río Sil e un clima mediterráneo-oceánico dotan a nosa rexión vitícola dun carácter único que se traslada a cada un dos nosos viños.
Últimas noticias
Dende os últimos lanzamentos de adegas ata as catas e festivais máis destacados, descubre as historias que hai detrás de cada botella (Só dispoñibles en castelán).