Alfonso Rueda pon en valor o especial coidado do Godello en Valdeorras, un dos grandes referentes do viño galego

31 Agosto, 2026

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou hoxe a Cooperativa Jesús Nazareno, no Barco de Valdeorras, onde puxo en valor o especial coidado que recibe o Godello na comarca e a súa importancia como un dos grandes referentes da viticultura galega.

Durante la visita, Rueda estuvo acompañado por la conselleira de Medio Rural, María José Gómez; el delegado de la Xunta en Ourense, Manuel Pardo; el presidente de la Diputación de Ourense, Luis Menor; el alcalde de O Barco de Valdeorras, Auretino Alonso; y el presidente de la Cooperativa Vinos Barco, José Manuel Delgado, quien explicó la trayectoria de una entidad estrechamente vinculada a la historia vitivinícola de Valdeorras.

O presidente da cooperativa destacou que se trata da única cooperativa que se mantén actualmente na comarca e repasou algúns dos principais fitos da súa traxectoria. Entre eles, a transformación acometida no ano 2000, que permitiu modernizar tecnoloxicamente as instalacións e avanzar na elaboración de novas variedades de viño. y repasó algunos de los principales hitos de su trayectoria. Entre ellos, la transformación acometida en el año 2000, que permitió modernizar tecnológicamente las instalaciones y avanzar en la elaboración de nuevas variedades de vino.

Un dos capítulos máis relevantes da súa historia está ligado precisamente ao Godello. A cooperativa foi pioneira na súa elaboración en 1975, cando produciu arredor de 3.000 botellas desta variedade. Desde entón, o Godello experimentou unha extraordinaria evolución ata converterse nun dos viños máis recoñecidos de Valdeorras e nun dos grandes embaixadores da comarca.

Durante o percorrido, José Manuel Delgado tamén agradeceu o traballo que desenvolve a Denominación de Orixe Valdeorras na conservación e promoción da identidade desta variedade, especialmente na defensa da elaboración dun Godello 100 % monovarietal, que permite manter e poñer en valor as súas características propias.

Pola súa banda, Alfonso Rueda destacou que “en Valdeorras fanse moi ben as cousas” e subliñou o papel estratéxico do sector vitivinícola para Galicia. Neste sentido, incidiu na necesidade de continuar impulsando o enoturismo como unha ferramenta para dar a coñecer o territorio, o seu patrimonio, as súas paisaxes e a cultura vinculada ao viño.

O presidente da Xunta resaltou tamén a importancia de Valdeorras no conxunto de Galicia e sinalou o especial coidado que recibe aquí o Godello, unha variedade que se converteu nunha das grandes sinais de identidade da comarca e nun referente dos viños galegos.

A visita permitiu poñer de manifesto como o traballo desenvolvido durante décadas por viticultores, adegas, cooperativas e pola propia Denominación de Orixe contribuíu a consolidar o prestixio do Godello e a situar Valdeorras como un dos territorios vitivinícolas de referencia de Galicia.

Aurentino Alonso, José Manuel Delgado e Alfonso Rueda nun viñedo de Valdeorras.

Es maior de idade?

O contido da web de D.O. Valdeorras diríxese unicamente a persoas maiores de idade.