O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras abre o plazo para o reclutamento e selección de persoal para formar parte do seu “PANEL DE CATA”.
Para optar a unha das prazas, será necesario cumprir unha serie de requisitos, como a distancia de desprazamento dos aspirantes á sede do Consello Regulador, ter formación relacionada co sector ou, polo menos, un curso de cata de viños, entrevista persoal e superar unha serie de probas de aptitude que se celebrarán na segunda quincena de maio.
Unha vez superado este primeiro proceso de selección, realizaranse outras probas especifícas na sede do Consello Regulador.
Todas aquelas persoas interesadas deberán enviar o seu curriculum á seguinte dirección: consello@dovaldeorras.com antes do 4 de abril do 2025 ás 13.00 horas. O número de prazas das que se dispoñen son moi limitadas.