Dispoñible o webinar internacional de WSET Global no que a D.O. Valdeorras foi protagonista

24 Outubro, 2025

A Denominación de Orixe Valdeorras foi protagonista dun webinar internacional organizado por WSET Global, unha das institucións formativas máis prestixiosas do mundo do viño.

Durante a sesión, Jorge Vila, director da Galicia Wine Academy, presentou as claves do éxito do Godello e explicou como Valdeorras se consolidou como unha das rexións máis prometedoras na elaboración de viños brancos en España.

O resultado foi excepcional: O webinar foi seguido en directo por centos de persoas procedentes de máis de 30 países, que valoraron a sesión cunha puntuación media de 4,8 sobre 5.

Queremos agradecer a todas as persoas que se conectaron desde diferentes partes do mundo para coñecer un pouco máis sobre a nosa denominación.

Se non puideches asistir en directo ou queres volver gozar da experiencia, aquí podes ver o webinar completo:

Es maior de idade?

O contido da web de D.O. Valdeorras diríxese unicamente a persoas maiores de idade.