A nosa historia
Momento de datación arqueolóxica dunha semente de uva atopada no xacemento do Castelo (Valencia do Sil, Vilamartín) que demostra o cultivo da vide para a elaboración de viño.
Aparición de tres lagares (construcións de pedra para elaboración de viño na propia viña) no concello de Larouco.
Aparición do primeiro documento escrito na comarca verbo do viño.
Principia a construción do santuario de Nosa Señora das Ermidas, no Bolo. O viño é indispensable para a economía do templo, con máis de 200 terreos dedicados ao seu cultivo.
Sobre finais do século XVIII, comezos do XIX, tense constancia da construción das primeiras covas —utilizando materiais como arxila, granito ou xis— empregadas para a elaboración e conservación do viño. Hoxe, Valdeorras posúe máis de 1000 covas no seu territorio.
A filoxera invadiu os viñedos da comarca destruíndo milleiras de hectáreas. O valdeorrés José Núñez deu coa fórmula para exterminar a praga.
Recoñécese por Orde Ministerial a Denominación de Orixe Valdeorras. Nace con vocación de traballar na recuperación de variedades autóctonas, apostar pola calidade e o control e darlle pulo á promoción.
Iníciase a recuperación da variedade Godello no marco do Proxecto Revival. Todo o Godello que existe hoxe plantado no mundo ten o seu xerme no territorio amparado valdeorrés.
Valdeorras conta cunhas explotacións vitícolas que confiren ao territorio unhas características únicas por mor da calidade dos seus viños; viños que espertan o interese nacional e internacional.
Funcións
A función do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras é amparar e protexer a todas as persoas que desenvolven a súa actividade no eido da cadea de valor do sector vitivinícola na zona, así como impulsar a cultura arredor deste produto, fortalecendo a súa promoción e posicionamento en diferentes mercados.
Estrutura
PRESIDENTE
Marcos Prada Ginzo
VOGAIS DO PLENO
SECTOR INDUSTRIAL
Bodega Santa Marta S.A.T.: D. José Guitián López
Bodegas Godeval S.L.: D.ª Araceli Fernández Del Palacio
Adega A Coroa, S.A.T.: D. Roberto Fernández García
SECTOR COOPERATIVO
Bodega Coop. Virxen Das Viñas: D. Alfredo Vázquez Seijido
Bodega Coop. Jesus Nazareno: D. José Luis Mateo Álvarez
SECTOR PRODUTOR
Viticultores Independientes de Valdeorras: D. Iván Rodríguez Álvarez / D. Ricardo Dobao Macías
Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas: D. Antonio García Fernández
ÓRGANO DE CONTROL
Dir. Tec. Jorge L. Mazaira Pérez
Tec. E. Santiago Pérez Espino
Tec. Rodrigo Antonio Enríquez Aragón
SECRETARIA
D.ª Ana Patricia de Andrés Vales
ADMINISTRACIÓN
D.ª M. Dolores Delgado López
Regulamento
NORMAS PARA ADEGAS
NORMAS PARA EXPLOTADORES
NORMAS PARA VEDORES
REGULAMENTOS
PREGO DE CONDICIÓNS
LABORATORIOS ACREDITADOS
Os laboratorios acreditados aos que se lles envían as mostras para a súa verificación son: Centrolab 2006 S.L., Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) e Dolmar Innova Tentamus, S.L.