Os medios destacan a aposta da D.O. Valdeorras pola viticultura de montaña

9 Xaneiro, 2026

Dúas adegas de Valdeorras son as protagonistas dunha reportaxe levada a cabo pola revista Campo Galego, na que se destaca a súa aposta por recuperar vellas viñas ou realizar novas plantacións en zonas altas da Denominación de Orixe, de ata 800 metros. Explica a publicación, que «buscan así reducir os efectos negativos do cambio climático e lograr viños máis frescos, aromáticos e equilibrados».

Os responsables das adegas Virgen del Galir e O Cabalín, ademais do director técnico do Consello Regulador, Jorge Mazaira, son os entrevistados neste traballo redaccional que inclúe ademais un video informativo no que ofrecen todos os detalles.

Aquí podes consultar a nova en Campo Galego e a reportaxe en vídeo.

Es maior de idade?

O contido da web de D.O. Valdeorras diríxese unicamente a persoas maiores de idade.