O actor barquense Crhistian Escuredo, pregoeiro na XXVII Feira do Viño de Valdeorras

15 Maio, 2026

El Consejo Regulador apuesta así por artistas locales que llevan el nombre de la comarca más allá de sus fronteras

Diplomado en Educación musical, licenciado en Interpretación textual e posgraduado en Pedagogía teatral, o actor e cantante Chistian Escuredo, natural do Barco de Valdeoras, será o encargado de pronunciar o pregón no acto inaugural da XXVII Feira do Viño de Valdeorras que terá lugar o vindeiro venres 29 de maio no paseo do Malecón ás 19,30 horas.
Cunha ampla traxectoria profesional, ao longo da súa carreira recibiu numerosos galardóns pola súa destacada contribución á industria do entretemento. Acadou unha grande notoriedade e o recoñecemento do público grazas ao seu papel protagonista en “33, El Musical” e ás súas interpretacións en series de éxito como “Fariña” e “Vivir sin permiso”.
Na actualidade, é coprotagonista do musical “Houdini”, unha ambiciosa produción que está a recibir unha excelente acollida tanto da crítica como do público.
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras aposta así por artistas locais que levan o nome da comarca máis alá das súas fronteiras e que representan, co seu talento e traxectoria, os valores do esforzo, a excelencia e o compromiso coa cultura galega.

Ampla programación
XXVII Feira do Viño de Valdeorras reunirá a 22 adegas e ofrecerá un amplo programa de actividades que incluirá catas, actuacións musicais e diversas propostas culturais e gastronómicas. O evento consolídase un ao máis como unha cita de referencia do enoturismo en Galicia, poñendo en valor a calidade dos viños da comarca e a riqueza do patrimonio vitivinícola.

Es maior de idade?

O contido da web de D.O. Valdeorras diríxese unicamente a persoas maiores de idade.