A feira, que se celebra desde hoxe ata o próximo xoves día 10, reunirá na capital a máis de 2.100 expositores que exhibirán 55.000 produtos de todo o mundo.
Marcos Prada Ginzo: “Esta feira é o maior escaparate de produtos gourmet de España, unha boa maneira de que coñezan o valor do pequeno, e se acheguen aos nosos viños”

O Consello Regulador participa desde hoxe día 7 e durante catro días ata o próximo xoves día 10 de abril, no 38º Salón Gourmets, Feria Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, que se desenrolará no recinto ferial IFEMA de Madrid.
Ao evento, considerado como a maAo evento, considerado como a maior cita anual do sector gastronómico, acude a Denominación de Orixe Valdeorras con 27 viños, dos cuais 21 son brancos, elaborados con uva Godello principalmente, e 6 tintos, cuxas variedades máis destacadas son a Mencía e a Garnacha. ior cita anual do sector gastronómico, acude a Denominación de Orixe Valdeorras con 27 viños, dos cuais 21 son brancos, elaborados con uva Godello principalmente, e 6 tintos, cuxas variedades máis destacadas son a Mencía e a Garnacha.
Un total de 15 adegas amparadas concorren a esta cita, concentradas no stand da D.O Valdeorras, que compartirá espazo con preto de 2.100 expositores, que exhibirán 55.000 produtos de todo o mundo. Estos números son os que fan a esta feira “moi importante” para os viños da comarca “porque é o maior escaparate de produtos gourmet en España”. Así o explicou Marcos Prada, presidente do Consello Regulador, quen insistiu en que “é unha boa forma de que tanto restauradores como distribuidores coñezan o valor do pequeno, se acheguen aos nosos viños, os degusten, e podan incorporalos nos seus portofolios”.
Referiuse tamén, o presidente da D.O. Valdeorras, ao estado actual das relacións co mercado estadounidense, e afirmou que “agora máis que nunca temos que consolidarnos nos mercados nos que estamos presentes e expandirnos a outros novos”. Unha opinión, compartida por Jorge Mazaira, director técnico da denominación, quen se referiu ao momento de incertidumbre que viven os mercados, como unha situación “que hai que afrontar, por exemplo, asistindo a citas como Goumets e participando en todas as que poidamos ter presenza”.
38º Salón Gourmets
O 38º Salón Gourmets, Feria Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, é a líder indiscutible en produtos de alta gama e na actualidade se erixe como a feira máis exclusiva de Europa. O evento desenrolase non espazo de máis de 65.000 m2 de exposición onde se reúnen numerosos compradores profesionais do sector da restauración, a distribución gourmet, grandes superficies, tendas delicatessen, Horeca e cadeas hoteleras, entre outros.