No Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras creemos firmemente na importancia de fomentar unha contorna segura, ética, de igualdade e de confianza para todos os nosos empregados, clientes e socios en xeral.
Por esta razón, implementamos un sólido Canal Ético que permite a calquera persoa reportar posibles condutas indebidas ou violacións éticas que detectase na nosa organización. Unha canle onde se pode comunicar calquera posible incumprimento ou irregularidade na organización, tal como se describe na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
¿QUÉ FEITOS SE PODEN COMUNICAR?
Podes informar a través da Canle Ética daquees feitos que consideres poidan supoñer un incumprimento da normativa legal, do Código ético ou de calquera normativa interna vixente, como:
• Condutas relativas á fraude e corrupción.
• Condutas relativas á seguridade, saúde e hixiene no traballo.
• Discriminación e acoso no lugar de traballo.
• Condutas relativas á seguridade da información e protección de datos.
• Prácticas anticompetitivas.
• Condutas contrarias ós dereitos humanos ou danos ó ambiente.
• Outras posibles infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves.
PRINCIPIOS ESENCIAIS DO PROCEDEMENTO DE XESTIÓN:
Confidencialidade: entendemos que a confidencialidade é fundamental para alentar as persoas a presentar comunicacións á canle ética. Garantimos a confidencialidade absoluta en todo o proceso e protexemos a identidade da persoa informante na medida permitida pola lei. Inclúese a posibilidade de enviar a información de maneira anónima.
Proceso de investigación imparcial: Unha vez que se presenta unha comunicación, o noso equipo de expertos xestores da canle, investigará minuciosamente o asunto de maneira obxectiva e dilixente de conformidade coa normativa interna e a lexislación aplicable. Ó longo de todo o proceso respectaranse os dereitos dos involucrados, en particular a presunción de inocencia.
Protección contra represalias: Non toleramos ningunha forma de represalia contra as persoas informantes de boa fe. Estamos comprometidos a salvagardar os dereitos e a integridade daquels que se atreven a comunicar calquera irregularidade. Tomaremos medidas disciplinarias apropiadas contra calquera individuo que tome represalias en contra dunha persoa informante.
Dilixencia: As persoas xestoras da canle tramitarán dilixentemente as infraccións que se lles comunicase. En todo caso, adoptarase a decisión que resulte necesaria no prazo máximo de tres meses, salvo casos de especial complexidade que requiran unha ampliación do prazo, caso en que, este prazo poderase estender ata un máximo doutros tres meses adicionais.
Resolución e seguimento: Unha vez concluída a investigación, tomaremos as accións necesarias para abordar o problema identificado e, cando sexa posible, tomaremos medidas correctivas para previr futuras irregularidades. Ademais, comprometémonos a manter informada á persona informante sobre o progreso e a resolución da súa comunicación, sempre que sexa posible e permitido pola lei.
¿CÓMO ENVIAR UNHA COMUNICACIÓN?
• Mediante a app co-resol:
1. Descárgate a app co-resol, aceptando as notificacións. É gratuíta e está dispoñible na App Store e en Google Play.
2. Pulsa o botón "Haz un click" e a continuación introduce o código GODELLO
3. Selecciona o botón da canle ao que queiras enviar a comunicación.
4. Escribe a túa mensaxe ou deixa unha nota de voz, sendo o máis específico posible. Podes achegar tanto imaxes como documentación. siendo lo más específico posible. Puedes adjuntar tanto imágenes como documentación.
5. Identifícate ou selecciona a opción de anonimato. En calquera dos casos, debes acepta-la Política de Privacidade.
6. Unha vez feitos estes pasos, aparecerá en pantalla unha mensaxe como acuse de recibo do teu click.
7. A comunicación para o seguimento do click realizarase mediante un chat seguro (poderás acceder a él dende o botón de chat da pantalla de inicio da app) ata o peche deste.
• Mediante unha páxina web:
Podes acceder a ela a través deste enlace: https://canalco-resol.com
1. Pulsa o botón "Haz un click" e a continuación introduce o código GODELLO
2. Selecciona o botón da canle ao que queiras enviar a comunicación.
3. Escribe a túa mensaxe ou deixa unha nota de voz, sendo o máis específico posible. Podes achegar tanto imaxes como documentación.
4. Identifícate ou selecciona a opción de anonimato. En calquera dos casos, debes acepta-la Política de Privacidade.
5. Neste caso, xunto co acuse de recibo, aparecerá na pantalla un Identificador e un PIN únicos para o click enviado, que deberás gardar aparte por seguridade, para manter máis adiante a comunicación, mediante un chat seguro, sobre o estado do teu click.
6. Cada vez que queiras saber se tes un novo mensaxe no chat, ou ben queiras achegar máis información, deberás ir ao enlace de inicio https://canalco-resol.com pulsar o botón "Accede a un click anterior" e introducir o código GODELLO, así como o Identificador e o PIN que gardaches antes.
IMPORTANTE
Esta Canle Ético non é un servizo de emerxencias. Non hai que utilizar esta canle para informar acerca de situacións que conleven unha ameaza inmediata. Se necesitas asistencia nunha situación deste tipo, por favor contacta coas autoridades locais e utiliza as canles definidas para tal efecto.