Joaquín Rebolledo Godello e Menciño Summum coróanse co Acio de Ouro ao mellor branco e tinto de Valdeorras
15 Xullo, 2026
Outarelo 2022, de Bodegas Blare S.L., conquista o Acio de Prata autonómico o mellor tinto de colleitas anteriores
O presidente do Consello Regulador acompaña aos premiados na categoría de Tintos.
O Auditorio de Lugo foi o escenario no que durante a tarde de onte se coñeceron os viños premiados nas Catas de Galicia 2026, o certame organizado pola Xunta de Galicia para recoñecer a calidade dos viños, augardentes e licores da comunidade.
Na categoría correspondente á D.O. Valdeorras, o Acio de Ouro Branco foi para Joaquín Rebolledo, elaborado por Joaquín Rebolledo S.A., mentres que o Acio de Ouro Tinto recaeu en Menciño Summum, da Bodega Cooperativa Jesús Nazareno.
O resto do palmarés da denominación complétano A Coroa, de Adega A Coroa SAT, co Acio de Prata Branco; Verdes Castros, de Vinigalicia S.L., co Acio de Bronce Branco; Quinta da Peza, de Quinta da Peza S.L., co Acio de Prata Tinto; e Costeira, de Viña Costeira S.C.G., distinguido co Acio de Bronce Tinto.
A estes recoñecementos súmase ademais o obtido por Outarelo 2022, de Bodegas Blare S.L., que foi distinguido co Acio de Prata Tinto na categoría de Viños de Colleitas Anteriores, un galardón no que compiten viños de todas as denominacións de orixe galegas.
Os representantes das tres bodegas galardonadas na categoría de Brancos, xunto ao presidente do Consello.
Máis de medio cento de expertos
A trixésimo oitava edición das Catas de Galicia reuniu 462 mostras correspondentes a 152 empresas, a maior parte delas pertencentes ao sector vitivinícola. O proceso de selección contou coa participación de máis de medio cento de expertos nas fases de precata e de cata final, esta última realizada por un panel integrado por doce profesionais de recoñecido prestixio no ámbito da enoloxía, encargados de avaliar as mostras presentadas seguindo criterios de calidade, tipicidade e excelencia.
Durante o acto de entrega dos premios, a Xunta destacou o papel do sector vitivinícola como un exemplo representativo da Galicia Calidade, subliñando a súa contribución ao desenvolvemento económico, á promoción turística e ao mantemento dun rural vivo e produtivo. Así mesmo, felicitou a todas as adegas participantes, poñendo en valor o traballo que realizan para situar os viños galegos entre os de maior prestixio.
Xestionar consentimento
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permítenos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas características e funcións.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.