
Pequeños y Gigantes reúne a profesionais cunha amplia traxectoria no mundo do viño para amosar a súa realidade rural e reforzar a identidade do territorio
O Centro Cultural Avenida da Rúa acolleu esta mañá a presentación de Pequeños y Gigantes, un videopodcast de seis episodios que, seguindo o lema da campaña de promoción da D.O. Valdeorras, “O valor do pequeno”, quere poñer en valor á comarca e a súa realidade rural, a través das persoas que a habitan, amosando desde dentro a súa forma de vivir, traballar e relacionarse coa terra.
Encabezou o acto de presentación o presidente do Consello Regulador, Marcos Prada Ginzo, que agradeceu ao Concello da Rúa “a cesión dos seus espazos para a posta en escea, realización e presentación deste proxecto compartido”.
Explicou o presidente que o videopodcast é “a última acción promocional que levou a cabo, dentro dun Plan de Promoción que se puxo en marcha a finais do ano 2023”, co obxectivo de “transmitir modernidade, sen deixar de lado a esencia do que somos”, optando por “misturar formatos tradicionáis con outros máis innovadores”.

Mediante os seus protagonistas, todos eles profesionais cunha gran experiencia e unha ampla traxectoria no mundo do viño, entre os que atopamos enólogos, xerentes de adegas e viticultores, o videopodcast busca romper estereotipos sobre o mundo rural, humanizar a agricultura e xerar unha conexión emocional co territorio mediante conversacións honestas, próximas e sen artificios.

Así o presentou Alicia Van Assche, responsable de contidos da axencia creativa Mil Ojos Producen, que traballou sobre a súa montaxe, xunto co seu equipo, co obxectivo de reforzar a identidade do territorio, visibilizar a súa riqueza humana e cultural e demostrar que os lugares pequenos tamén xeneran relatos potentes, contemporáneos e con capacidade de inspirar dentro e fóra das súas fronteiras.

Segundo explicaron, a través de conversacións achegadas e cargadas de humor, a serie reúne a persoas do lugar para falar, sen guións nin artificios, do que significa vivir, traballar e resistir no mundo rural hoxe.

Cada episodio, dun total de seis e de media hora de duración cada un, pon en diálogo experiencias reais: a relación coa terra, o peso da tradición, os retos da agricultura, os tópicos entre o urbano e o rural e a elección consciente de quedarse. Un retrato íntimo e contemporáneo dun territorio pequeno pero cheo de carácter, que reivindica a autenticidade, a identidade e a forza de quenes o fan latir.

O primeiro capítulo da serie estrearase o vindeiro día 3 de marzo, e poderá verse na web e nas redes sociais do Consello Regulador. A partir desa data, presentarase un capítulo cada quince días.

Pequeños y Gigantes é unha invitación a mirar o rural con máis respeto, máis atención e sen condescendencia.
