A D.O. Valdeorras publica o primeiro capítulo da serie de videopodcast "Pequeños y Gigantes"

3 Marzo, 2026

O traballo documental está composto de seis episodios que se estrearán cada 15 días

A serie de videopodcast Pequeños y Gigantes estrena hoxe o seu primeiro capítulo no que Catalina (Kitti) e José Manuel (Galindo) son os protagonistas. Ela é natural de Palencia e exerce como enóloga na Adega Joaquín Rebolledo. Él é de orixe extremeño e exerce como enólogo na Adega Santa Marta. Os dous contan a súa historia e qué lles fixo vir e ficar en Valdeorras.

Pequeños y Gigantes é un traballo documental composto de seis episodios de media hora de duración cada un, que queren poñer en valor á comarca e á súa realidade rural, a través das persoas que a habitan, amosando desde dentro a súa forma de vivir, traballar e relacionarse coa terra. Seguindo o lema da campaña de promoción da D.O. Valdeorras, “O valor do pequeno”, trátase dunha acción promocional que quere transmitir modernidade, sen deixar de lado a esencia do que somos.

O resto dos capítulos estrearanse cada 15 días na canle de YouTube do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Es maior de idade?

O contido da web de D.O. Valdeorras diríxese unicamente a persoas maiores de idade.