A D.O. Valdeorras reforza a súa diferenciación no Salón Gourmets 2026 participando nun túnel do viño que atraeu a centos de profesionais
17 Abril, 2026
O foro, no que participaron 25 mostras do territorio amparado procedentes de 18 adegas, desenvolveuse entre o luns e o xoves desta semana en Madrid
O Salón Gourmets, celebrado do 13 ao 16 de abril no recinto de IFEMA Madrid, contou coa participación da D.O. Valdeorras nun espazo conxunto que incluía control de acceso para que o público profesional puidese achegarse a un túnel do viño compartido coas restantes denominacións de orixe vinícolas galegas, así como coa Indicación Xeográfica Protexida de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
Cada denominación presentou un total de 25 mostras, nun formato que permitiu poñer en valor a diferenciación e singularidade de cada territorio, atendendo de maneira directa e personalizada aos seus respectivos públicos obxectivo. Neste sentido, o director técnico do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira, asegurou que esta iniciativa atraeu a centos de profesionais.
Perfís cualificados
Segundo sinalou Mazaira, quen representou á D.O. Valdeorras no Salón Gourmets 2026, o túnel do viño rexistrou arredor de 400 accesos, cunha destacada presenza de perfís cualificados como xefes de cociña, sumilleres, responsables de restauración ou alumnado procedente de escolas de hostalería, incluíndo profesionais de diversas partes do país que puideron degustar referencias procedentes de 18 adegas valdeorresas.
“Valoramos moi positivamente a nosa presenza no Salón Gourmets, celebrado na capital de España, epicentro gastronómico e turístico nacional, que favorece a proxección e o contacto con públicos diversos”, sinalou, ao respecto da participación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras nesta feira, o presidente do organismo, Marcos Prada.
Tanto Prada como Mazaira aludiron ás oportunidades de contacto xeradas para as adegas, así como ao reforzo do posicionamento da marca acadado neste foro. Neste sentido, tal e como destacou Jorge Mazaira, ademais do público profesional, tamén se traballou co consumidor final, ao que se lle trasladou información sobre a identidade da denominación, o potencial dos seus viños e aspectos clave como a singularidade da variedade godello e a histórica ligazón de Valdeorras a esta uva.
Presenza institucional
A presenza institucional tamén foi destacada, coa visita da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao espazo compartido polas diferentes denominacións de orixe vinícolas da comunidade autónoma. Ambos os dous puideron coñecer de primeira man o traballo de promoción desenvolvido nesta cita.
Xestionar consentimento
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permítenos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas características e funcións.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.