A colleita supera os 7.530.000 kilos, dos que a uva godello roza os 6 millóns

A D.O. Valdeorras pecha a vendima 2025 cunha uva “de saúde e calidade excelentes”, superando os 7.530.000 kilos recollidos, a pesar da terrible vaga de lumes que afectou á comarca, a poucos días de comezar a campaña.
O dato da colleita da uva godello segue a ser, un ano máis, espectacular. Coas uvas vendimadas esta mañá en Santa Cruz (O Bolo), na parcela O Souto da Bodega Rafael Palacios, rozáronse os seis millóns de kilos, achegándose aos 6.069.000 do ano pasado.
O presidente da Denominación de Orixe Valdeorras, Marcos Prada Ginzo, expresou a súa satisfacción pola “condición extraordinaria da uva que obtivemos nesta vendima; pese a todo o mal que o pasamos cos incendios, soubemos salir da situación”.
Así tamén o expresou o director técnico da D.O., Jorge Mazaira, que subliñou que “a uva deste ano conta cunha saúde moi boa, porque non tivo ningún tipo de enfermidade”. Isto, xunto cunha colleita da uva madura en óptimas condicións, nun tempo “cuxa temperatura acompañou”, contribuiu “á obtención dun produto moi equilibrado”.
“Os datos falan dunha campaña que logrou compensar as condicións desfavorables que vivimos preto da colleita, cun traballo ben feito e coa entrada de 40 hectáreas máis de terreo adicado á uva godello”, remarcou Mazaira. “Está claro que o godello continúa o seu crecemento imparable na nosa comarca”, asegurou.
En canto ás outras variedades, descatar a mencía, con 853.753 kilos, a garnacha tintorera con 359.838 kilos, a palomino con 316.022 kilos, e as variedades minoritarias que suman 73.072 kilos.
