
Un stand de 14 metros cadrados promocionará un total de 26 referencias de viño amparado
Un total de 26 viños das adegas amparadas pola Denominación de Orixe Valdeorras, viaxarán á capital catalana para participar, do 2 ao 4 de febreiro, na Barcelona Wine Week 2026. Deles, 18 referencias son de viño branco e as restantes 8, de viño tinto.
O Consello Regulador participará este ano cun stand de 14 metros cadrados, co que aposta pola promoción dos viños de Valdeorras baixo o lema “O valor do pequeno”. Entre as actividades da feira, participarán no cóctel oficial da Barcelona Wine Week.
Hotel Wine Fest
Como antesala da Barcelona Wine Week, a D.O. Valdeorras participará na terceira edición do Hotel Wine Fest, o festival que fusiona patrimonio vitivinícola e hospitalidade cinco estrelas.
O evento, que se celebra do 21 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2026, propón un percorrido enogastronómico que invita a descubrir a diversidade vitivinícola nacional a través de experiencias creadas por algúns dos hoteis de cinco estrelas máis emblemáticos da cidade.
Nesta edición participarán dez denominacións de orixe, reunidas en seis hoteis de Barcelona, que actuarán como embaixadas enolóxicas temporais durante as duás semanas do festival.
Cada establecemento ofrecerá unha tapa ou prato inspirado na cociña dos territorios anfitrións, así coma un menú degustación de seis pratos, ambos deseñados para armonizar cos viños das denominacións de orixe anfitrioas.
Os asistentes poderán disfrutar libremente da ruta de tapas e pratos, que non esixe reserva previa, ou optar polos menús degustación, que si precisan reserva anticipada a través de https://hotelwinefest.com
En esta nueva edición, Hotel Wine Fest reafirma su compromiso con la divulgación del vino nacional, destacando joyas poco conocidas y acercándolas al público de forma directa, accesible y experiencial.
D.O. Valdeorras: rexión convidada 2026
A D.O. Valdeorras, berce do godello e dos tintos de mencía, será a rexión invitada de 2026 e estará presente en Almanac Barcelona. A súa participación adquire un significado especial tras os incendios que afectaron recentemente á comarca, unha das máis castigadas de Galicia.
Este será o segundo ano consecutivo no que o festival incorpore unha rexión invitada —en 2025 foi a Comunidade Valenciana, con Utiel-Requena, un dos territorios máis afectados pola DANA—, consolidando así unha tradición anual que pon o foco en territorios afectados por situacións excepcionais e contribúe a fortalecer a súa proxección.
Un formato consolidado na axenda gastronómica de Barcelona
Hotel Wine Fest consolidouse como unha das citas enogastronómicas destacadas do inverno en Barcelona. O festival forma parte do programa oficial BWW Likes the City, impulsado por Barcelona Wine Week, que conecta a feira coa cidade mediante experiencias nas que o viño é protagonista.