A Feira do Viño de Valdeorras, plenamente consolidada no calendario enogastronómico galego, “evoluciona para medrar”

23 Abril, 2026

22 adegas amparadas baixo o selo de calidade da D.O. darán a coñecer as súas referencias en el Paseo del Malecón de O Barco

A Feira do Viño de Valdeorras trasladarase ao Campo da Festa no Paseo do Malecón do Barco de Valdeorras na súa XXVII edición, que se celebrará entre os vindeiros 29 e 31 de maio. Un espazo “máis céntrico e accesible, pensado para abrir máis o evento tanto aos visitantes como as veciños”. Así o confirmou esta mañá perante os medios de comunicación o presidente do Consello Regulador, Marcos Prada, nunha comparecencia na que tamén participou o alcalde do Barco, Aurentino Alonso. Prada asegurou que malia que a feira “é xa unha cita plenamente consolidada no calendario enogastronómico galego, segue a ser un evento que cada ano evoluciona para medrar”.

O foro arrincará por vez primeira na tarde do venres desde que se celebra no Barco, o que supón unha ampliación do formato habitual. Segundo explicou o presidente do Consello Regulador, esta decisión permitirá “alongar a experiencia para que os visitantes se acheguen ao Barco de Valdeorras e gocen dos nosos viños.

Ampla resposta do sector

O presidente do Consello Regulador puxo en valor a boa resposta do sector, cun total de 22 adegas participantes, “a cifra máis alta, cando menos, da última década”, o que reflicte, dixo, a forza dun ámbito de actividade “que cre no seu produto e aposta por iniciativas” como a que propón esta feira.

Prada lembrou tamén os bos resultados da pasada edición, con máis de 3.500 visitantes e arredor de 22.000 copas servidas, e marcou como obxectivo “medrar en participación, pero tamén en calidade da experiencia”.

A feira desenvólvese ademais nun ano simbólico, o 80 aniversario da D.O. Valdeorras, “oitenta anos de historia, esforzo colectivo e defensa dun produto e dun territorio que hoxe están máis vivos ca nunca”, segundo sinalou.

Baixo o lema “Regodéllate co godello, 100% de Valdeorras”, o presidente do Consello Regulador presentou tamén o cartel ilustrador do evento que mestura terra, identidade e cultura co viño. Malia que a imaxe está centrada no godello, Prada afirmou que na feira haberá espazo para presentar diversas referencias elaboradas a partir doutras variedades de uvas brancas, e tamén tintas, amparadas polo selo de calide do Conselo Regulador.

O presidente da D.O. agradeceu tanto ao Concello do Barco de Valdeorras como á Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e da Axencia Turismo de Galicia, o seu firme apoio ao evento.

Neste sentido e pola súa banda, o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, afirmou que os barquenses perciben a feira “como algo propio”. Que a promoción dos “nosos viños se faga na nosa propia casa” é “un privilexio que nos fai sentir moi orgullosos”.

O presidente do Consello Regulador e o alcalde do Barco co cartel deste ano.

Avance do programa

A feira comezará co acto institucional de inauguración e co pregón, previsto para o venres 29 de maio ás 19,30 horas. O horario da feira abranguerá das 19,30 horas ás 00,00 horas da tarde do venres; o sábado, 30, en sesión de mediodía, de 12,00 a 15,00 horas, e de tarde-noite de 20,00 a 00,00 horas; e o domingo de 12,00 a 16,00 horas.

O evento compleméntase cunha coidada proposta de actividades paralelas gastronómicas -pulpo, churrasco, paella, embutidos…- e de lecer. Na zona verde do Malecón, a carón do río, habilitarase un espazo para catas, con actividades como unha degustación de viños de Valdeorras maridados con delicatessen galegas o sábado ás 20:00 horas, e un showcooking do recoñecido chef galego Jose Manuel Mallón ás 21:30 horas. Xunto a isto, unto a isto, no xardín botánico desenvolveranse actividades pensadas para o público infantil, con propostas lúdicas e educativas relacionadas coa viticultura, convertendo así a feira nun evento para todos os públicos. delicatessen gallegas el sábado a las 20:00 horas, y un showcooking del reconocido chef gallego José Manuel Mallón a las 21:30 horas. Junto a esto, en el jardín botánico se desarrollarán actividades pensadas para el público infantil, con propuestas lúdicas y educativas relacionadas con la viticultura, convirtiendo así la feria en un evento para todos los públicos.

Non faltará a música. A programación musical contará co Grupo América o venres ás 23:00 horas, coincidindo ademais co seu 50 aniversario, e coa orquestra Olympus o sábado á mesma hora. Tamén durante a fin de semana haberá charangas animando o ambiente como Charandonga, o sábado, ou charanga Terras do Bibei, o domingo.

Listado de adegas participantes

  • - A Cova da Xabreira
  • - Adega A Bágoa
  • Adega A Coroa
  • Adega Alan de Val
  • Adega Arnadoval
  • Adega Melillas – Lagar do Cigur
  • Adega O Casal
  • Adega O Cepado
  • Adega Quinta da Peza
  • Barón do Sil
  • Bodega Cooperativa  Jesus Nazareno
  • Bodega Godeval
  • Bodega Hacienda Ucediños
  • Bodega Roandi
  • Bodega Sampayolo
  • Bodega Santa Marta
  • Bodegas Blare
  • Cía. Vinos Telmo Rodriguez
  • D´Berna
  • Terriña
  • Viña Costeira
  • Virgen del Galir

Es maior de idade?

O contido da web de D.O. Valdeorras diríxese unicamente a persoas maiores de idade.