Con máis de dúas décadas de traxectoria e recoñecido oficialmente polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), o certame internacional CINVE 2026 sitúa aos viños da Denominación de Orixe Valdeorras entre os máis destacados do panorama nacional e europeo.
Nesta edición 2026, tres godellos foron distinguidos coa Medalla de Ouro na categoría de Brancos Tranquilos: Cepado Godello 2024, elaborado pola Adega O Cepado; Mil Ríos Godello Sobre Lías 2024, de Adega Terriña; e Bioca Godello Selección 2025, de Ibercoriginal Equilibrio, S.L..
Este recoñecemento pon en valor a calidade, personalidade e proxección dos godellos valdeorreses. A entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves jueves 21 de maio no Hotel Intercontinental de Madrid, nunha cita que volverá a reunir a destacados representantes do sector.
SOBRE CINVE
O certame CINVE reúne cada ano a expertos nacionais e internacionais do sector vitivinícola e agroalimentario. Os paneis de cata están integrados por recoñecidos profesionais de distintos ámbitos do sector, entre eles enólogos, sumilleres, compradores e expertos especializados nunha ampla variedade de produtos. Esta diversidade permite aportar unha visión máis amplia, rigurosa e enriquecedora en cada evaluación.
