Un godello de Valdeorras, un dos dous únicos viños brancos de España que alcanza os 100 puntos na Guía Peñín

23 Xullo, 2025

Oito viños logran os 100 puntos na Guía Peñín 2026, entre ellos, Sorte O Soro 2023.

Oito referencias de Valdeorras alcanzan o Podio desta prestixiosa publicación ao superar a puntación de 95

Sorte O Soro 2023da adega Rafael Palacios, é o único viño godello e un dos dous únicos viños brancos de España, que alcanzou os 100 puntos na prestixiosa Guía Peñín. O outro viño branco español que comparte a mesma puntuación, é un viño albariño da D.O. Rías Baixas.

Según destaca esta publicación de referencia, “o mellor godello de España é un branco que o ten todo, mineralidade, salinidade, forza, tensión, profundidade e presumiblemente, unha gran capacidade de garda”. Ademais, destaca que o viño “é froito do tesón de Rafa Palacios, obsesionado por crear o mellor viño branco de España, e do momento no que se deu conta de que os viñedos de godello que serpentean próximos ao río Sil serían as ferramentas ideais para conseguilo”.

Para Rafael Palacios, trátase de “outro recoñecemento máis que ven a fortalecer e poñer en valor estos quince anos de traballo con Sorte O Soro, que desde a súa primeira añada en 2011, ata a que colleitaremos este ano, non parou de crecer e de mellorar como un dos mellores viños brancos de España e do mundo”.

Pola súa banda, Marcos Prada, presidente do Consello Regulador, dixo sentirse “moi orgulloso do logro alcanzado pola adega Rafael Palacios” posto que foi “o único godello de todo o país en alcanzar a máxima puntuación”. Explicou ademais, que o obxectivo da Denominación de Orixe es “conseguir a excelencia, algo que con estos 100 puntos, hemos logrado, y que nos marca el camino a seguir”.

Por enriba dos 95 puntos

Outros sete viños amparados pola D.O. Valdeorras, alcanzaron o Podio con puntuacións superiores aos 95 puntos.

El tercer mejor vino gallego, detrás de los dos ganadores ya mencionados, que alcanzó un total de 98 puntos, fue otro valdeorrés, O Luar do Sil Tostado de Seadur 2021, de la bodega Pago de los Capellanes, que igualmente compartió puntuación con un vino albariño de la D.O. Rías Baixas.

Tras eles, destacan con 96 puntos, As Sortes 2023 e Sorte Antiga 2023, da adega Rafael Palacios, e con 95 puntos, Falcoeira Blanco 2022, da Compañía de Vinos Telmo Rodríguez; Xocas 2023, da adega Joaquín Rebolledo; Valdesil Parcela O Chao 2022 Fermentado en Barrica, da adega Valdesil; e Avancia Nobleza Godello 2023, de Bodegas Avancia.

Un total de 79 referencias da D.O. Valdeorras superaron os 90 puntos, un dato que revela o altísimo nivel dos viños desta comarca.

Equipo de cata da Guía Peñín.

Es maior de idade?

O contido da web de D.O. Valdeorras diríxese unicamente a persoas maiores de idade.