Valdeorras exhibe en Madrid a súa aposta polos viños de calidade con 25 referencias no Salón Gourmets 2026
11 Abril, 2026
Este foro, que se celebra no IFEMA entre o 13 e o 16 de abril, eríxese como un dos escaparates anuais máis relevantes de alimentos e bebidas de alta gama en Europa
O Salón Gourmets 2026, que se celebra a vindeira semana en Madrid, permitirá ao público profesional especializado degustar ata 25 referencias vinícolas diferentes (17 brancas e oito tintas) procedentes de 18 adegas da Denominación de Orixe Valdeorras. O organismo acode un ano máis a este salón especializado no marco da intensa axenda promocional que está a desenvolver este ano en distintos puntos de España e do estranxeiro.
Neste salón, orientado principalmente a profesionais da canle HORECA; distribuidores, importadores e exportadores; sumilleres, chefs e prescritores; empresas e axentes do sector agroalimentario e prensa especializada acreditada, a D.O. Valdeorras disporá dun túnel do viño propio no que se darán a coñecer as diferentes referencias das adegas participantes, favorecendo así a súa visibilidade e a interacción cos profesionais asistentes.
“A presenza neste tipo de formatos especializados permite poñer en valor a diversidade e a calidade dos nosos viños nunha contorna de alto nivel profesional, en contacto directo cun público clave do mercado”, asegura o presidente do Consello Regulador, Marcos Prada.
O mercado de Madrid, fundamental
A D.O. Valdeorras estará representada neste foro polo seu director técnico, Jorge Mazaira. Segundo indica, “o Salón Gourmets é un evento moi interesante para o noso Consello Regulador, xa que o mercado de Madrid, onde se celebra, é fundamental para nós”.
Neste sentido, engade que se trata “dunha zona na que estamos moi presentes e na que queremos seguir medrando e, para logralo, é imprescindible ter presenza propia nos principais eventos de promoción do sector da alimentación e bebidas que se celebran na capital, como Gourmets”.
Os viños de Valdeorras en diferentes foros
A participación no Salón Gourmets non é a única acción promocional que desenvolve o Consello Regulador neste 2026. Os viños da comarca xa estiveron presentes en citas como a Barcelona Wine Week, que tivo lugar a comezos do pasado mes de febreiro.
Diferentes referencias valdeorresas tamén se puxeron en valor no marco da Experiencia Verema Valencia e da Experiencia Verema Madrid, dúas accións promocionais celebradas no primeiro trimestre deste ano. No ámbito internacional, a D.O. Valdeorras participou en Prowein, salón que se desenvolveu na cidade alemá de Düsseldorf entre os días 15 e 17 de marzo.
Nos vindeiros meses, o Consello Regulador continuará coa súa acción promocional en eventos como a Experiencia Verema Málaga, onde se organizarán catas comentadas e presentacións da denominación de orixe a representantes de distintos ámbitos profesionais especializados, así como na Experiencia Verema Sevilla.
Xunto a isto, os viños valdeorreses viaxarán aos Países Baixos cara ao final do ano no marco dunha actividade promocional conxunta co resto dos viños amparados por selos de calidade de Galicia.
Imaxe da edición de 2025.
Sobre o Salón Gourmets
O Salón Gourmets, que se celebra no recinto feiral do IFEMA entre o 13 e o 16 de abril, eríxese como un dos escaparates anuais máis relevantes de alimentos e bebidas de alta gama en Europa. Neste sentido, vai máis alá dunha simple exposición comercial: trátase dun espazo de encontro no que conflúen a tradición gastronómica e as tendencias máis innovadoras do sector, favorecendo o intercambio entre produtores, distribuidores e profesionais.
Así, segundo destaca a organización, cada produto presentado reflicte un compromiso coa calidade e unha evolución constante do gusto, configurando un escenario no que a gastronomía non só se amosa, senón que tamén se analiza, se debate e se proxecta cara ao futuro como un elemento cultural e económico de gran relevancia.
Na súa 39.ª edición, o foro reunirá arredor de 2.000 expositores procedentes de 90 países nunha superficie aproximada de 72.000 m². Neste contexto, o Salón Gourmets non só permitirá descubrir produtos, senón tamén establecer relacións comerciais e fomentar o networking.
Viños e adegas da D.O. Valdeorras presentes en Gourmets
En Gourmets 2026 participarán as seguintes adegas e viños da D.O. Valdeorras:
1.- Adega Quinta da Peza S.L.
Quinta da Peza Godello 2025 e Quinta da Peza Bico do Lugar Godello sobre lías 2024
2.- Bodega Rafael Palacios S.L.
Louro do Bolo Godello 2025
3.- Bodega Ruchel S.L.
Ruchel Godello 2025 e Ponte da Boga Godello 2025
4.- Hacienda Ucediños S.L.
Hacienda Ucediños Godello 2025
5.- Adega Alán, S.A.T.
Pedrazais Godello sobre Lías 2024
6.- Adega A Coroa S.A.T.
A Coroa Godello 2024 e A Coroa Godello 2025
7.- Terriña
Mil Ríos Godello sobre Lías 2024 e Mil Ríos Garracha Barrica 2019
8.- Viña Costeira
A Traba Godello 2025
9.- Bodega Santa Marta S.A.T.
Fardelas Godello 2025
10.- Bodega Joaquín Rebolledo S.A.
Joaquín Rebolledo Godello 2025
11.- Bodegas Avancia S.L.
Avancia Godello 2024
12.- Adega Cepado S.L.
O Cepado Godello 2024
13.- Bodegas Blare
Luz de Outarelo Godello sobre Lías 2023
14.- Adega Melillas e Fillos S.L.
Lagar do Cigur Godello 2025
15.- Adega O Casal S.A.T.
Casal Novo Godello 2025
16.- Pago de los Capellanes
O Luar do Sil Godello sobre Lías 2024 e o Luar do Sil Vides de Córgomo Godello 2024
17.- Barón do Sil S.L.
Barón do Sil Godello 2024 e Finca el Palomar Godello 2021
18.- Bodega Roandi S.L.
Alento Godello 2023 e Roandi Godello 2023
-
-
-
-
-
-.
-
-
-
-.
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-.
-
Xestionar consentimento
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permítenos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas características e funcións.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.