Valdeorras recibe 15 educadores internacionais do viño para impulsar a proxección exterior da denominación

22 Outubro, 2026

A iniciativa Galicia Wine Educator 2026 reúne especialistas de Europa, América, Asia e Oceanía que coñecerán de primeira man a singularidade dos viños de Valdeorras para contribuír á súa difusión nos mercados internacionais.

A comarca de Valdeorras recibiu onte ós 15 profesionais internacionais que participan no programa Galicia Wine Educator 2026, unha iniciativa formativa impulsada por Galicia Wine Academy en colaboración coa institución educativa Wine & Spirit Education Trust (WSET) e co apoio de AGACAL, dependente da Xunta de Galicia. O obxectivo é reforzar o posicionamento dos viños galegos no exterior mediante a formación especializada de profesionais con capacidade para transmitir os os seus coñecementos e influír nas decisións de compra e consumo.

A chegada do grupo á comarca estivo acompañada dun túnel do viño celebrado no Pazo do Castro, no que os participantes puideron catar un total de 34 referencias da Denominación de Orixe Valdeorras. Esta actividade permitiulles achegarse á diversidade e singularidade das elaboracións da comarca, afondando nos trazos que definen a súa identidade vitivinícola.

Durante a xornada de hoxe, os profesionais visitaron as adegas Rafael Palacios e A Coroa, onde puideron coñecer de primeira man os seus proxectos vitivinícolas, os seus métodos de elaboración e as particularidades dos seus viños. A xornada incluíu tamén un xantar nunha das adegas, como parte da experiencia de inmersión no territorio e na súa cultura gastronómica.

A visita forma parte dun programa intensivo de seis días que percorre as cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas: Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra. A través de sesións técnicas, visitas a adegas e catas, os participantes afondan nas características de cada territorio, nas súas variedades autóctonas, nos seus

O grupo está integrado por profesionais procedentes do Reino Unido, Turquía, Países Baixos, Francia, Italia, China, Australia, Portugal, Estados Unidos, México, Singapur, Paraguai, República Dominicana e Polonia. Entre eles figuran responsables de formación de WSET, directores e fundadores de academias especializadas, educadores certificados, sumilleres, consultores, comunicadores e profesionais vinculados á comercialización e selección de viños.

Unha oportunidade para proxectar os viños de Valdeorras

El presidente del Consejo Regulador, Marcos Prada, aseguró que “iniciativas como esta son una oportunidad única para poder poner en valor internacionalmente los vinos de nuestra Denominación de Origen. Un gupo de profesionales de un altísimo nivel pudo descubrir en persona ayer y hoy las características y las peculiarides de nuestro territorio, al mismo tiempo que cataron una selección de algunos de los mejores blancos y tintos de nuestra comarca”.

A presenza deste grupo supón unha oportunidade para achegar a identidade vitivinícola de Valdeorras a profesionais que, posteriormente, poderán incorporar os seus viños aos seus programas formativos, catas especializadas, recomendacións, contidos divulgativos e propostas de restauración en distintos países. O presidente do Consello Regulador, Marcos Prada, asegurou que “iniciativas coma esta son unha oportunidade única para poder poñer en valor internacionalmente os viños da nosa Denominación de Orixe. Un gupo de profesionais dun altísimo nivel puido descubrir en persoa onte e hoxe as características e as peculiarides do noso territorio, ao mesmo tempo que cataron unha selección dalgúns dos mellores brancos e tintos da nosa comarca”.

“As impresións sobre os viños de Valdeorras foron moi positivas e a acollida, excelente. Destacou especialmente a diversidade de perfís do Godello, que permitiu aos participantes descubrir diferentes estilos de elaboración e apreciar a versatilidade desta variedade. Tamén espertaron un grande interese os viños tintos que, malia non ser o perfil no que chegaban máis centrados, os sorprenderon moi gratamente. Descubriron elaboracións modernas, cunha clara proxección internacional, que destacan pola súa lixeireza, complexidade e equilibrio, calidades que lles auguran un percorrido fantástico nos mercados internacionais”, aseguraba Jorge Vila, director de Galicia Wine Academy e responsable de liderar a iniciativa.

A combinación de catas especializadas e visitas a adegas permite aos participantes coñecer os viños desde unha perspectiva técnica e experiencial, así como comprender mellor as particularidades do territorio do que proceden. Este contacto directo cos produtores e as súas elaboracións reforza a capacidade dos educadores para transmitir as súas características nos seus respectivos mercados.

“Valdeorras destaca pola diversidade e calidade dos seus Godellos, capaces de combinar unha intensa expresión froiteira cun final fresco e refrescante. Sobresaen a variedade de estilos, desde viños máis afroitados e accesibles ata elaboracións de grande complexidade, textura e finura. Os Mencías, pola súa banda, sorprenden pola súa lixeireza, elegancia e expresión froiteira. En conxunto, Valdeorras é sinónimo de elegancia, harmonía, equilibrio e finura”, sinalaba Victoria MacKenzie, Master of Wine (MW) procedente do Reino Unido e participante no programa Galicia Wine Educator 2026.

Pola súa parte, Ana Bertha Gallegos Barcenas, Diplomada WSET e formadora de profesionais na academia canadiense Vino Studio e na mexicana WECMX; destacou que “paréceme unha rexión realmente interesante. Os viños non só representan a alma do produtor, tamén representan o “terroir”, o chan. Para ser unha rexión non moi grande en canto a extensión, descubriron unhas grandes diferencias entre os potentes blancos e tintos dos diferentes produtores que tivemos a sorte de catar”.

O impacto esperado vai máis alá da propia visita. A iniciativa busca crear unha rede internacional de embaixadores cualificados capaces de multiplicar a difusión dos viños galegos entre profesionais e consumidores. No caso de Valdeorras, este labor pode contribuír a incrementar a súa visibilidade en mercados estratéxicos, fortalecer o recoñecemento da denominación e abrir novas vías de promoción para as súas adegas.

Participantes durante a súa visita a unha adega e os seus viñedos.

Es maior de idade?

O contido da web de D.O. Valdeorras diríxese unicamente a persoas maiores de idade.