Os nosos brancos
Viños de aromas afroitados que poden ser de cor da palla, dourada ou marela e que presenta boa estrutura na boca.
Á parte do Godello, producimos viños con uvas preferentes e autorizadas brancas na nosa comarca: Loureira, Treixadura, Dona Branca…
Valdeorras Godello
A Denominación de Orixe de Valdeorras é a única que esixe que o Godello sexa 100% Godello.
Castes Nobres de Valdeorras
Unha aposta pola recuperación de variedades case desaparecidas da comarca. Elaborados cun mínimo do 85% de variedades brancas preferentes.
Valdeorras Branco
Procedente das variedades brancas preferentes ou autorizadas.
Os nosos tintos
Os mencías son de cor púrpura profundo, ofrecen aromas afroitados e retrogusto intenso e prolongado.
Mais existen outras variedades elaboradas con castes nobres, uvas preferentes e autorizadas tintas que están a agardar que os saborees.
Valdeorras Mencía
Viños elaborados cun mínimo do 85% de uva Mencía.
Castes Nobres de Valdeorras
Unha aposta pola recuperación de variedades case desaparecidas da comarca. Elaborados cun mínimo do 85% de variedades tintas preferentes.
Valdeorras Tinto
Procedente das variedades tintas preferentes ou autorizadas.